Abren as reservas de Quidditch Champions

luns, 29 de xullo do 2024 Marcus Fernández

O xogo Harry Potter: Quidditch Champions, previsto para PS5, PS4, Xbox Series X|S, Xbox One, Nintendo Switch e PC, vén de estrear un tráiler para dar conta da apertura das súas reservas na tenda dixital de Xbox e nas tendas dixitais de xogos para PC Steam e Epic Games Store. Deste xeito, os máis ansiosos xa poden pagar 29,99 euros pola edición estándar deste xogo que recrea o célebre deporte do universo de fantasía creado por J. K. Rowling, estando tamén dispoñible unha edición de luxo por 10 euros máis.
No caso das consolas de Sony advirten que o xogo tamén estará dispoñible a partir do 3 de setembro para PS4 e PS5, aínda que salienta que durante 30 días tras o lanzamento do xogo estará dispoñible sen custo adicional para os subscritores de PlayStation Plus Essential (o plan de subscrición máis económico de PlayStation).
A edición do xogo para Nintendo Switch chegará semanas máis tarde, procurando chegar a tempo para o Nadal.

O xogo permite meterse na pel dos protagonistas de Harry Potter para participar nas competicións de Quidditch

Novo tráiler de Harry Potter: Quidditch Champions