Abren expediente sancionador ao PP polo envío de SMS electorais

venres, 20 de decembro do 2019 Marcus Fernández

Horas antes da última xornada de reflexión electoral o Partido Popular sorprendeu remitindo 1,2 millóns de mensaxes de texto pedindo o voto, actuación que creou moitas reticencias por considerar que podería vulnerar a lexislación actual de protección de datos persoais, levando a que FACUA presentase denuncias que veñen de ser atendidas pola Xunta Electoral Central, que vén de abrir expediente sancionador ao PP despois de que a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) derivase as denuncias antes mencionadas.
O expediente sancionar abriuse por unha posible vulneración da Lei electoral, xa que podería quebrantar a lei que fixa o uso de medios tecnolóxicos e datos persoais nas actividades electorais, fixando que as peticións de voto deberán identificar «de xeito destacado a súa natureza electoral» e terán que ofrecer ao cidadán a posibilidade de renunciar a recepción futura desa clase de mensaxes, detalles que no cumpría a comunicación asinada por Pablo Casado.

PUBLICIDADE