Ábrese a reserva da colección 30º aniversario de PlayStation
xoves, 26 de setembro do 2024
A tenda de venda directa de PlayStation iniciou hoxe o proceso de reservas dos produtos da súa colección 30º aniversario de PlayStation, que desenvolverase até o 10 de outubro, aínda que os produtos non estarán dispoñibles até o 21 de novembro.
Con esta apertura de reservas sabemos que a edición dixital da PlayStation 5 co deseño conmemorativo custará 499,99 euros, mentres que o mando DualSense terá un prezo de 79,99 euros (sendo probablemente este o produto que máis vai venden, por ser o xeito máis económico de subir ao carro desta celebración), o DualSense Edge custará 249,99 euros e o PlayStation Portal venderase a 239,99 euros.
Vemos así como o incremento de prezo destas edicións limitadas é bastante cativo, aínda que onde se percibe máis é no caso do lote de PlayStation 5 Pro con Mando DualSense Edge, mando DualSense, soporte vertical, cuberta para a unidade de disco (non incluída), base de carga e algún accesorio máis por 1.099,99 euros (prezo que queda bastante lonxe dos 799,99 euros que custará unha PlayStation 5 Pro cun mando DualSense).
Aparte da tenda de PlayStation, parte destes produtos tamén poderán adquirirse a través doutros vendedores.
Vídeo promocional da colección 30º aniversario de PlayStation