Ábrese a reserva das HoloLens 2
venres, 3 de maio do 2019
No
Mobile World Congress de Barcelona presentouse a segunda xeración das HoloLens,
casco de realidade aumentada de Microsoft que naceu en 2016, e que neste tempo conseguiu
dobrar o campo de visión, mellorar o brillo e a densidade holográfica e dar un
grande paso adiante ao facilitar a interacción directa cos hologramas mediante
xestos táctiles, de xeito que esta tecnoloxía continúa a avanzar paulatinamente
cara a un futuro no que a realidade aumentada poida chegar a ser un produto de
consumo.
Pero a presentación das HoloLens 2 non supón a súa chegada aos desenvolvedores,
e non foi até esta semana que abriuse a reserva deste
hardware, a un prezo de 3.500 dólares, que nesta ocasión poderán pagarse en
mensualidades, co que buscan animar a máis estudios de desenvolvemento a
experimentar con esta tecnoloxía con grande potencial. Polo momento só aceptan
reservas dende EE.UU., Francia, Alemaña, Irlanda, Nova Zelandia, Australia e
Reino Unido, polo que dende España haberá que agardar uns meses para poder
facerse con unidades deste casco que facilitará interesantes desenvolvementos.
A edición de desenvolvemento de HoloLens 2 incluirá tamén probas de balde de
software de Unity e 500 dólares de crédito en servizos na nube de Azure,
quedando clara a intención de querer achegar este hardware ao maior número de
estudios posible.
- As HoloLens 2 chegarán en breve aos desenvolvedores dun grupo limitado de países