Abu Simbel Profanation adaptarase a iOS
mércores, 28 de setembro do 2011
VÃctor Ruiz,
creador do xogo Abu Simbel Profanation,
co fundador de Dinamic e director dos estudios de FX Interactive, presentará este
venres ás 13:15 horas en Madrid unha nova versión do seu xogo, acompañado por
Fernando Cabello, programador desta revisión do xogo que está a desenvolverse
para iOS, polo que contará cun innovador sistema de control que aporta a
precisión necesaria para reproducir en pantallas táctiles a mÃtica xogabilidade
do clásio que en 1985 chegou a ordenadores ZX Spectrum, Amstrad CPC, MSX e
Commodore 64.
O xogo Abu Simbel Profanation
recupera a Johny Jones, protagonista dos anteriores Saimazoom e Babaliba, que
nesta ocasión viaxará a Exipto, onde é vÃtima dunha maldición que o converte
nunha estraña criatura, e para liberarse da maldición e recuperar a súa forma humana
terá que afondar na tumba de Abu Simbel e superar toda unha serie de trampas e
obstáculos. Como o resto de tÃtulos desta saga, a meirande parte dos xogadores
lembrarán a súa elevada dificultade, o que tamén era un signo de identidade dos
xogos de tal década, xa que tiñan como referente as máquinas recreativas, nas
que as partidas curtas eran a base do seu modelo de negocio, en contraste coas
mecánicas actuais, nas que a dificultade relaxouse ata o extremo de ser
realmente complicado caer derrotado nos distintos xogos de consola.
- A portada do xogo orixinal é obra de Azpiri