Accenture, Premio Obxectivos de Desenvolvemento Sostible do CPEIG

mércores, 11 de xuño do 2025 S. P.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concederá o Premio Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) á consultora tecnolóxica Accenture pola súa participación no Programa Nacional de Algoritmos Verdes, unha iniciativa estratéxica para o desenrolo de Intelixencia Artificial Sostible, impulsado polo Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital con fondos europeos Next Generation. O galardón será entregado no marco da XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que se celebra o 27 de xuño en Santiago.
Segundo salienta o CPEIG, Accenture estase encargando de elaborar a metodoloxía de medición do consumo dos algoritmos de Intelixencia Artificial xunto con todo o marco metodolóxico do Programa Nacional de Algortimos Verdes. Ademais, está a crear as ferramentas de medición, así como o sistema de autoavaliación que se distribuirá ás empresas, ademais de desenvolver o proceso de dinamización do ecosistema, comunicación e creación de eventos e hackatons para axilizar a penetración no mercado. Entre as ferramentas xeradas por Accenture para medir o impacto ambiental dos algoritmos de IA, destacan os modelos e estándares para avaliar o consumo enerxético e a pegada de carbono dos algoritmos, e o sistema de certificación de IA verde, co deseño dun selo de calidade ambiental para algoritmos que servirá para validar boas prácticas e fomentar unha adopción responsable da tecnoloxía. Este traballo contribúe directamente aos ODS 9 (Industria e Innovación) e ODS 13 (Acción polo Clima), reflectindo a aposta por unha transformación dixital respectuosa co contorno e conectada coas realidades de cada territorio, segundo salienta o CPEIG, lembrando que Accenture é unha compañía líder mundial en servizos profesionais que axuda ás principais empresas, gobernos e outras organizacións do mundo a desenvolver o seu núcleo dixital, optimizar as súas operacións, acelerar o crecemento dos seus ingresos e mellorar os seus servizos á cidadanía, creando valor tanxible a velocidade e escala.
Conta con máis de 18.000 profesionais en España e ao redor de 801.000 no mundo, e presta os seus servizos a clientes en máis de 120 países.
Accenture celebra este año o seu 60 aniversario en España. Durante este tempo, a compañía contribuíu ao desenvolvemento e progreso da economía, axudando ás grandes empresas españolas e á Administración Pública na súa modernización e desenvolvemento tecnolóxico e dixital, xerando a súa vez un impacto positivo na sociedade e a cidadanía españolas. Accenture presta servizo aos seus clientes en España ao longo de toda a península. Concretamente, en Galicia está presente en A Coruña e Vigo.
O managing director responsable do Centro Avanzado de Tecnología de Accenture en España e Portugal, Toni de la Prieta, e a responsable para o sector público en Galicia, Ana Malde, recollerán o galardón na XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 27 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago.