Accesorio para converter o mando da Wii nunha espada de luz
luns, 29 de setembro do 2008
Os usuarios da
Nintendo Wii que queiran dotar de máis realismo a xogos coma o actual El Poder de la Fuerza ou o futuro Clone Wars poden adquirir un accesorio
de Thrustmaster para os mandos da Wii, que é un engadido que converte o mando tradicional nunha espada de
luz de Star Wars con
efectos luminosos achegados a través de 17 LED alimentados por 3 pilas AAA (que
lle achegan unha autonomÃa dunhas 40 horas).
O par de Glow
Sabers véndense a 34,99 dólares, e as espadas son de cor vermello e azul, para darlle máis emoción aos
enfrontamentos entre xogadores. Para maior seguridade dos cativos estes
accesorios son dun plástico flexible e con bordes redondeados.