Acer AspireRevo, un ordenador cativo con saÃda de alta definición
mércores, 8 de abril do 2009
Acer presentou de
xeito oficial o seu novo nettop AspireRevo,
que é un pequeno equipo que funciona cun procesador Intel Atom N230 ou N330;
con tecnoloxÃa nVIDIA Ion para permitir a reprodución de vÃdeo de alta
definición (ata 1.080p), o uso de videoxogos compatibles con DirectX 10 e o
aproveitamento da interface gráfica de Windows Vista; con ata 4 Gb de RAM,
distintas opcións de disco duro, 6 portos USB 2.0, Gigabit Ethernet, Wi-Fi,
lector de tarxetas de memoria e saÃdas
de vÃdeo tanto VGA coma HDMI.
Teriamos asà un equipo ideal para colocar no salón coma Media Center, cunha aparencia comparable á da Wii de Nintendo,
aÃnda que haberá que agardar para coñecer a súa data de lanzamento e o seu
prezo de venda ao público (que poderÃa estar bastante axustado).
- O Acer AspireRevo ocupa realmente pouco espazo no escritorio, e poderÃa pasar por unha Wii