Acer anuncia un smartphone capaz de gravar vÃdeo a 4K
luns, 2 de setembro do 2013
Acer vai amosar esta semana na IFA de BerlÃn o seu novo
tabletófono Liquid S2, que aparte
de gozar dunha pantalla IPS Full HD de 6 polgadas, conectividade LTE e Wi-Fi
AC, presumde de ser o primeiro smartphone capaz de gravar vÃdeo a 4K (ultra
alta definición).
Este impresionante móbil funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 800 de
catro núcleos a 2,2 GHz (preciso para poder procesar o vÃdeo en 4K) e a súa
cámara tamén pode disparar fotografÃas de 13 MpÃxeles, facer panorámicas de 27
MpÃxeles e gravar vÃdeo a cámara lenta (4x). A súa cámara frontal tamén destaca
por ser de 2 MpÃxeles, ter un grande angular de 88 graos, gozar dun sensor BSI
para poder funcionar con pouca luz e ser incluso capaz de gravar vÃdeo a
1.080p.
O Acer Liquid S2 incorporará 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, GPS+GLONASS,
NFC, Bluetooth 4.0, baterÃa de 3.300 mAh e Android 4.2.2. Pese a vir tan ben
equipado, o seu grosor será de só 8,99 milÃmetros e chegará ás tendas a finais
de outubro a un prezo por determinar.