Acer anuncia unha cámara 3D de fotografÃa e vÃdeo
venres, 31 de maio do 2024
Acer sorprendeu hoxe anunciando nuns meses vai pór á venda unha cámara 3D chamada Acer SpatialLabs Eyes, que permitirá a captación de fotografÃas e vÃdeo en formato estereoscópico, cunha resolución de 8 MpÃxeles por ollo, conseguindo asà unha grande nitidez de imaxe e unha boa sensación de profundidade, aÃnda que sorprendendo polo feito de que falamos dun efecto 3D clásico, e non do formato VR180 que serÃa o máis práctico para visores de realidade estendida.
A intención de Acer é que esta nova cámara non se limite a fotografÃas e vÃdeo en 3D, senón que tamén poida empregarse para realizar emisións en directo a través de YouTube ou para participar en xuntanzas a través de Teams, Zoom ou Google Meet cun maior realismo grazas ao efecto de profundidade que achega o vÃdeo estereoscópico.
A cámara captarÃa imaxes 4K para cada ollo, rexistrando até 30 imaxes por segundo na súa máxima resolución, polo que serÃa unha boa solución dende o punto de vista do vÃdeo en 3D máis tradicional, pero demasiado limitado se pensamos nas capacidades dos visores de VR actuais (que serÃan os dispositivos de consumo máis habituais para este tipo de contidos).
Está previsto que esta cámara chegue ao noso mercado no terceiro trimestre do ano a un prezo de 549 euros.
VÃdeo promocional da nova cámara de Acer