Acer poderÃa estar a preparar un tablet de 8 polgadas con Windows 8
martes, 23 de abril do 2013- Imaxe do Acer Iconia W3 filtrada por Minimachines.net
Nas últimas semanas hai numerosos rumores sobre o futuro de
Windows 8, uns que apuntan a que a seguinte versión do sistema poderÃa
recuperar o botón de inicio e a posibilidade de iniciar directamente no
escritorio (sen pasar polo menú de baldosas deseñado pensando en interfaces
táctiles), e outros referidos ao feito de que Microsoft estarÃa a explorar a
posibilidade de levar Windows 8 a tablets de pequeno tamaño, algo que parece
case confirmado despois de que un blog francés filtrase unha imaxe do que serÃa
o Acer Iconia W3, un tablet co sistema operativo de Microsoft cunha pantalla de
8 polgadas. Minimachines.net eliminou
as imaxes sobre tal dispositivo a petición de Acer, o que dá inda máis
credibilidade a tal información (polo que é de agardar que nas vindeiras
semanas vexa a luz oficialmente).
O Acer Iconia W3 funcionarÃa cun procesador Intel Atom Z2760 a 1,8 GHz, 2 Gb de
RAM e cámaras frontal e traseira, que resultarÃa atractivo polo feito de
permitir soster un ordenador completo cunha man, contando tamén cun accesorio
que serÃa un teclado que poderÃa facer tanto de protector de pantalla como de
bases para manter o tablet como se fose a pantalla dun portátil.