Acer porá á venda un smartphone con procesador de 4 núcleos e un prezo axustado

xoves, 25 de abril do 2013 Marcus Fernández

O fabricante taiwanés Acer continúan a afondar no sector da telefonía móbil con dispositivos con Android, sendo o seu último smartphone en ver a luz o Acer Liquid E2, que pode considerarse con un dos dispositivos con procesador de catro núcleos máis asumibles do mercado, xa que espérase que este móbil chegue libre ao mercado a un prezo duns 229 euros (estando España entre os países nos que vai comercializarse).
O Acer Liquid E2 chega co mencionado procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, pantalla IPS de 4,5 polgadas cunha resolución de 960 x 450 píxeles, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD, cámaras de 8 e 2 Mpíxeles, HSPA+, Wi-Fi, Bluetooth 3.0, radio FM, dous altofalantes traseiros (que resultan bastante rechamantes e prometen son DTS), batería de 2.000 mAh, a posibilidade de funcionar con dobre SIM e con Android 4.1. Unha opción a ter en conta para os que desexen un smartphone libre sen apuntar á alta gama.

O novo smartphone de Acer chegará tanto en branco coma en negro

PUBLICIDADE