Acer prepara un lector de e-books para o outono
xoves, 26 de agosto do 2010
AÃnda que o
Kindle e o NOOK sexan lectores de libros electrónicos consolidados nos EE.UU.,
noutros mercados non parece existir dispositivos deste tipo de referencia, o
que leva a algúns fabricantes a lanzar produtos deste tipo, de xeito que na
vindeira edición da feira IFA de BerlÃn poderá verse o Acer LumiRead, dispositivo
que está previsto que saia á venda en outubro (coma mÃnimo, en Alemaña) a un
prezo que poderÃa estar preto dos 250 euros.
O LumiRead contarÃa cun teclado fÃsico na súa parte inferior (na mesma liña que
o Kindle de Amazon) e un lector de códigos de barras para o recoñecemento de
códigos ISBN. Terá pantalla E Ink de 6 polgadas cunha resolución de 600 x 800
pÃxeles, Wi-Fi, 3G, 2 Gb de memoria interna, lector de tarxetas microSD e
coméntase que poderÃa comercializarse tamén unha versión sen 3G que, aparte de
máis económica, tamén serÃa máis lixeira. No tocante aos seus contidos, Acer chegou a acordos con Barnes & Noble, a chinesa Founder e a xermana Libri.de para poder levar o seu catálogo de e-books ao LumiRead.
VÃdeo promocional do novo Acer LumiRead