Acer presenta novos portátiles convertibles económicos

xoves, 23 de abril do 2015 Marcus Fernández

Aínda que inicialmente o mercado miraba con receo os equipos convertibles baseados en Windows, as melloras que foron chegando con Windows 8.1 e os prometedores avances de Windows 10 fan que este tipo de ordenadores non parecen de chegar ao mercado, incluso a prezos bastante axustados, como os novos equipos presentados por Acer.
Por exemplo, o Acer Switch 10 é un equipo con pantalla de 10 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.200 píxeles que está equipado cun procesador Intel Atom de catro núcleos, 2 GB de RAM, até 64 GB de almacenamento interno (aínda que pode gozar de discos duros de até 1 TB empregando unha base) que sairán á venda en xuño a un prezo que parte dos 449 euros; pero como equipo de entrada por resultar máis atractivo o Acer Switch 10 E, que conta cunha pantalla de menor resolución (1.280 x 800 píxeles) aínda que pode presumir dunha autonomía de até 12 horas e dun prezo moi axustado (299 euros) que veremos no mercado en maio.
Ambos equipos teñen pantallas IPS con Corning Gorilla Glass, poden funcionar como tabletas que se converterían en portátiles se lle engadimos unha funda-teclado que tamén incorpora trackpad e inlcuso poden presumir de incluír un porto USB 2.0 de tamaño completo e outro de tamaño micro, saída micro HDMI, Bluetooth 4.0 e Wi-Fi N. Unhas prestacións bastante completas para uns equipos versátiles e baratos, que no caso do Switch 10 tamén contan cunha interesante opción: adquirir un Acer Active Pen, ou sexa, un lapis dixitalizador, que é unha das características máis demandas en tabletas por certo tipo de usuario afeito a tomar anotacións en papel e que atopan así un xeito de trasladar o seu fluxo de traballo ao contorno dixital.

PUBLICIDADE