Acer presenta un monitor multi-táctil de 23 polgadas

xoves, 29 de outubro do 2009 Marcus Fernández

No presente mes son varios os portátiles e equipos todo-en-un que apostaron por pantallas táctiles co gallo do lanzamento de Windows 7, pero a xente que xa teña un ordenador de sobremesa e que queira gozar destas posibilidades poderá optar por adquirir o novo monitor Acer TouchScreen T230H, que con 23 polgadas, unha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, unha relación de contraste de 80.000:1, un brillo de 300 cd/m2 e un tempo de resposta de 2 milisegundos, que conta con conexión analóxica (VGA) e dixital (HDMI e DVI con HDCP) e USB (para as funcións táctiles).
Esta pantalla panorámica permitirá usar o ordenador sen axuda do rato, así coma facer xestos táctiles con máis dun dedo para rotar imaxes, pasar páxinas, debuxar en pantalla e outras funcionalidades que grazas a Windows 7 son cada día máis doadas. Chegará ao mercado europeo nos vindeiros días por 349 euros.

PUBLICIDADE