Acer renova os seus ordenadores para estudantes

martes, 31 de xaneiro do 2023 Marcus Fernández

A familia de ordenadores portátiles de Acer para estudantes, a serie TravelMate B, con equipos con certificación MIL-STD 810H, o que supón que aturan caídas dunha altura de 122 centímetros e incluso contan con teclados resistentes a líquidos, están a renovarse, comezando co Acer TravelMate B5 14, que funciona cun procesador Intel Core i3-N305, con pantalla Full HD de 14 polgadas, cámara HDR, dobre micrófono para a cancelación de ruído e unha autonomía de até 7,5 horas.
Acer tamén actualizou o Acer TravelMate B3 11 e o Acer TravelMate Spin B3 11, incorporándolle Windows 11 e procesador Intel N200, destacando este último por ser un equipo con pantalla táctil abatible. En todos estes casos falamos de ordenadores pensados para aguantar toda a xornada educativa e facilitar a colaboración entre estudantes.

O Acer TravelMate Spin B3 11 conta cunha pantalla abatible para facilitar o seu uso táctil

PUBLICIDADE