Activision Blizzard King intégrase en Xbox
venres, 13 de outubro do 2023
Tras
preto dun par de anos ata conseguir as aprobacións dos distintos organismos
reguladores internacionais, Microsoft por fin anuncia
a integración da compañÃa de videoxogos Activision Blizzard King nos
equipos de Xbox, conseguindo asà incorporar ao seu catálogo de xogos importantes
franquÃas como Call of Duty, World of Warcraft, Overwatch ou
mesmo Candy Crush Saga.
Con esta operación Xbox consegue mellorar a súa posición no mercado, medrando
en marcas e estudios, para asà poder xogar un rol máis activo nunha industria
que está a evolucionar de cara ao xogo na nube (ámbito no que poden ter
destacar grazas a que Microsoft é un dos principais provedores mundiais de infraestruturas
de computación na nube).
O feito de que King forme parte de Activision Blizzard tamén é moi importante,
xa que é un importante estudio de xogos para móbiles, mercado que move moitos
cartos, e no que Microsoft apenas está presente.
Dende Xbox comprométense a levar os seus xogos cada vez a máis lugares, ou
sexa, que moitos tÃtulos que normalmente estaban asociados ao PC ou a unha
consola en concreto, pasarán a poder gozarse en móbiles ou en streaming, o que
supón máis posibilidades para os xogadores.
Para poder facer posible esta adquisición Microsoft tivo que adquirir unha
serie de compromisos que fan que os xogos de Activision Blizzard vaian estar
presentes en consolas de Sony e Nintendo durante os vindeiros 10 anos, asà como
tamén en Europa será posible unha opción sen precedentes: os xogadores que
mercasen en dixital para PC ou consola un xogo de Activision Blizzard, poderán
gozar dos mesmos a través de calquera servizo de xogo na nube (o que é un
grande avance, xa que os xogos de Activision Blizzard non estaban dispoñibles
en streaming).
Outro detalle bastante comentado sobre a compra de Activision Blizzard é que o
seu máximo responsable, o polémico Bobby
Kotick, manterase no seu cargo ata o remate do presente ano, entendéndose
que para o ano que vén xa non formará parte da compañÃa.
VÃdeo co que celebran a compra de Activision Blizzard King por parte de Microsoft