Activision Blizzard funda o seu propio estudio de cine e televisión
venres, 6 de novembro do 2015
Estes dÃas está a celebrarse a BlizzCon no Anaheim Convention
Center, e este escenario está a aproveitarse para grandes anuncios de
Activision Blizzard como a estrea do tráiler cinematográfico da pelÃcula Warcraft:
El Origen, na que trasladan o universo de Warcraft á grande pantalla da
man de Legendary Pictures e Universal Pictures. Este filme que se estreará en
xuño de 2016 contará a historia do reino de Azeroth a piques de entrar nunha
guerra para enfrontarse a un exército de orcos invasores, aÃnda que a tópica
historia non é o máis relevante nesta ocasión, senón a incógnita sobre se
estaremos ante unha boa adaptación dun videoxogo ao cine, o que aconteceu en
contadas ocasións, o que ten especial interese agora que parece que Activision Blizzard
quere seguir os pasos da Marvel á hora de controlar o seu destino na grande
pantalla, xa que a compañÃa anunciou que vai
fundar o seu propio estudio de cine e televisión.
Ao parecer, Activision Blizzard quere controlar mellor os produtos derivados
dos seus personaxes, e para comezar lanzarÃan unha serie de televisión de Skylanders, a popular franquÃa que
mestura videoxogos con xoguetes coleccionables que foi toda unha revolución (actualmente
imitada por Disney e LEGO).
Dado que a empresa conta con numerosas marcas que aÃnda non foron explotadas en
cine e televisión, o novo estudio terÃa moitas posibilidades de futuro,
aproveitando asà grandes marcas como Starcraft,
HearthStone ou mesmo Call of Duty, transcendendo asà os
videoxogos e converténdoas en produtos máis completos e mellor explotados
comercialmente.
Tráiler de Warcraft: El Origen