Activision rebaixa moitos dos seus xogos durante o Nadal

martes, 21 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Para celebrar a chegada do Nadal, Activision principia en España unha interesante campañas de prezos con importantes rebaixas nalgúns dos seus principais títulos, e que durará ata o vindeiro 5 de xaneiro de 2011, de xeito que os Reis Magos terán máis doado facerse con agasallos para os usuarios de consolas de videoxogos.
Os xogos incluídos na campaña son:
- Guitar Hero: Warriors of Rock (paquete co xogo, a guitarra, a batería e o micrófono) a 151,99 euros (antes 204,99 euros) para PlayStation 3, Xbox 360 e Wii.
- Guitar Hero: Warriors of Rock (xogo e guitarra) a 81,99 euros (antes 111,99 euros) para PS3, Xbox 360 e Wii.
- DJ Hero 2 a 81,99 euros (antes 111,99 euros) para PlayStation 3, Xbox 360 e Wii.
- DJ Hero 2 Partya 131,99 euros (antes 181,99 euros) para PS3, Xbox 360 e Wii.
- Tony Hawk SHRED a 81,99 euros (antes 111,99 euros) para PlayStation 3, Xbox 360 e Wii.
- Pack Golden Eye (o xogo de Wii cun mando dourado) a 50,99 euros (antes 70,99 euros).
- Golden Eye a 40,99 euros (antes 50,99 euros) para Wii e Nintendo DS.
- BloodStone 007 a 40,99 euros (antes 70,99 euros) para Xbox 360, PS3, Wii e PC.
- Apache a 30,99 euros (antes 50,99 euros) para PlayStation 3, Xbox 360 e PC.
- Star Wars: El Poder de la Fuerza II a 40,99 euros (antes 70,99 euros) para PlayStation 3, Xbox 360, Wii, Nintendo DS e PC.

PUBLICIDADE