Activision sortea 5 consolas Xbox 360 e 50 copias do xogo de Kung Fu Panda
luns, 14 de xullo do 2008
A chegada ás carteleiras
cinematográficas das divertida pelÃcula Kung
Fu Panda vén acompañada cun videoxogo para Xbox 360, PlayStation 2,
PlayStation 3, PC, Nintendo DS e Wii, que se vende a prezos de entre 29,95 e
59,95 euros (segundo a versión) e que nos permite revivir as aventuras da
pelÃcula tomando o papel do panda Po, e contando coa axuda dos seus amigos, o
mestre Shifu, Tigresa, Mono, VÃbora, Grulla e Mantis para enfrontarse
finalmente ao malvado Tai Lung.
Para celebrar a comercialización deste xogo, Activision estrea unha páxina web dende a que se pode
descargar a súa demo para PC, ver vÃdeos e imaxes, descargar fondos de
escritorio, widgets, iconas e banners, gozar dun minixogo e mesmo participar no sorteo de 5
consolas Xbox 360 Arcade e un total de 50 copias do xogo na súa
versión de Xbox 360.