Acusan a Corea do Norte de ter roubado preto de mil millóns de euros en criptomoedas
luns, 24 de febreiro do 2025
- O director xeral de Bybit, Ben Zhou, tranquilizando aos seus usuarios nunha retransmisión en directo
O pasado venres o intercambiador de criptomoedas Bybit anunciou ter detectado un incidente na súa seguridade que se saldou co roubo de preto de 401.346 unidades de Ethereum, o que a data de hoxe serÃan uns 990 millóns de euros, converténdose nun dos maiores roubos deste estilo da historia, aÃnda que, en contraste co caso de Mt. Gox, no que recoñeceron roubos por valor de 647.000 bitcoins (que hoxe serÃan 58 mil millóns de euros), nesta ocasión as compañÃas detrás da plataforma están a responsabilizarse e aseguran que compensarán aos usuarios no caso de non ser quen de recuperar os fondos que se lle subtraeron.
O que moitos consideran o meirande golpe a un intercambiador de criptomoedas está a ser analizado polo investigador ZachXBT, quen non tivo reparos en apuntar que o rastro da operación contra Bytbit leva ás mesmas carteiras de criptomoedas que varios ataques anteriores, atribuÃdos todos a un grupo ligado a Corea do Norte (información secundada pola firma de seguridade en cadeas de bloques TRM Labs).
Expertos de Nacións Unidas aseguran que Corea do Norte está detrás de, canda menos, 58 grandes roubos de criptomoedas, entre outros moitos obxectivos dunha guerra cibernética cada vez máis activa.