Adamo celebra o Black Friday con paquetes de fibra óptica por 1 euro ao mes durante catro meses

venres, 25 de novembro do 2022 S. P.

Adamo lanzou a súa promoción para o Black Friday de 2022 -que se celebra hoxe- o pasado 15 de novembro. Transcorridos 10 días desde entón, coñecidos as formulacións comerciais do conxunto do sector e feitas as comparacións, a operadora conclúe que a súa é “a mellor oferta do Black Friday para servizo de Internet en termos de desconto”. “Ofrecemos”, sinala a compañía, “nada menos que paquetes de fibra óptica por 1 euro ao mes durante 4 meses”.
Adamo destaca que a devandita rebaixa promocional afecta “nada menos que á fibra óptica ultrarrápida, de ata 1.000 Mbps, cuxa tarifa mensual de 44 euros en Internet móbil con 50 GB, e que sae agora por 1 euro”. A operadora engade que “se se suman os 4 meses que dura a promoción, o aforro respecto das tarifas habituais é de 172 euros (43x4=172)”. A partir de aí, vanse agregando recortes nos prezos de forma progresiva en función da modalidade do paquete, das combinacións con fixo e móbil, e dos GB para este último, quedando a seguinte desagregación:
-Para fibra de 1.000 Mb con fixo e móbil de 50 GB, 196 euros de recorte.
-Para fibra de 1.000 Mb con móbiles de GB ilimitados, 212 euros de rebaixa.
-Para fibra de 1.000 Mb con fixo e móbiles de GB ilimitados, 236 euros de desconto.
-Para fibra de 1.000 Mb con móbiles de 120 GB compartidos, 244 euros por baixo do normal.
-Para fibra de 1.000 Mb con fixo e móbiles de 120 GB compartidos, 268 euros menos.
Adamo engade que tamén hai cabida para as promocións nos paquetes con menos de 50 GB: duran 3 meses e comportan un aforro de 105, 120, 123 e 138 euros, que corresponden respectivamente a fibra de 600 Mb, fibra móbil con 20 GB, fibra fixo e fibra fixo móbil con 20 GB.
A compañía salienta que a oferta Black Friday da empresa estará dispoñíbel para novos clientes ata o 30 de novembro coa cota de liña e a instalación sen custo adicional.
Así mesmo, Adamo proporciona, sen gastos engadidos, un router Wi-Fi 6 de Amazon cos paquetes enmarcados na oferta sen fixo. “Trátase do Wi-Fi máis potente que existe hoxe”, destaca a empresa, engadindo que é quen de acadar un valor de mercado de 140 euros, cunha cobertura de 140 m², que se integra en Alexa e que é compatíbel con máis de 75 dispositivos, entre eles, Apple Homekit.

PUBLICIDADE