Adamo ofrece fibra óptica e móbil por 19 euros ao mes
xoves, 26 de xuño do 2025
Adamo, operadora catalá con forte presenza no noso rural (principalmente no rural de Lugo), quixo comezar o verán “cunha das tarifas máis económicas do sector”. Na súa nova promoción ofrece fibra óptica e móbil por 19 euros ao mes.
Con esta oferta a operadora quere atender a gran demanda dos consumidores: o prezo. Así, sinala Adamo, “queremos asegurarnos que o cliente evite sorpresas na factura ao saber que conta con cantidades fixas na mesma e un importe ultracompetitivo”.
Deste xeito, para os que buscan “prezo económico e a tranquilidade de pagar só polo que necesitan”, Adamo lanza agora a tarifa Caaalma Smart, que, polos citados 19 euros, inclúe 400 Mb para casa e móbil con 17 GB de datos e chamadas ilimitadas. Así mesmo, existe a posibilidade de agregar liñas adicionais por 6 euros.
Cabe puntualizar que a oferta, dispoñible desde hoxe mesmo, 26 de xuño, está suxeita a dispoñibilidade xeográfica. En concreto, Adamo ofrécea en 230 municipios da práctica totalidade das comunidades autónomas peninsulares.
Con esta incorporación, Adamo completa a súa carteira comercial con opcións para distintos petos e gustos. Por encima da Caaalma Smart a 19 euros sitúase a Caaalma (fibra de 400 Mb e 17 GB para o móbil). Unha banzo máis arriba queda a tarifa Caaalma Total, pensada especialmente para as familias e que se compón de 1 Gb para o fogar e datos sen límite por 39 euros. Tamén neste caso, chamadas ilimitadas (tanto no móbil como no fixo, que forma parte do pack) e liñas adicionais por 6 euros ao mes.
Esta tarifa inclúe un router Wi-Fi 6 para que o sinal chegue a cada recuncho da vivenda. Adamo lembra neste punto “a importancia do alcance”, posto que os Wi-Fi 6 son routers de última xeración, os que ofrecen a mellor cobertura e conectividade.
