Adamo xa fornece telefonía e Internet de alta velocidade a 15.000 pemes e autónomos
venres, 27 de xuño do 2025
A operadora Adamo, moi presente nos concellos do rural de Lugo, prosegue co seu crecemento tanto no ámbito das pequenas e medianas empresas como no segmento dos traballadores por conta propia. Así, o operador xa fornece telefonía, Internet de alta velocidade e outros servizos engadidos a un total de 15.000 pemes e persoas autónomas.
Adamo explica que esta liña de traballo ten especial importancia para a operadora, “posto que o 99,8% das empresas son pemes, xerando estas ata o 66% do emprego, é dicir, a práctica totalidade dos tres millóns de sociedades que existen en España; e ademais o número de autónomos sitúase nos 3,4 millóns de traballadores”.
A maiores, Adamo quere poñer en valor tanto esas cifras como os seus propios resultados precisamente este 27 de xuño, data en que se celebra o Día da Peme.
Cabe destacar que Adamo proporciona a pemes e autónomos fibra óptica de entre 400 Mb e 1 Gb en función das necesidades de cada negocio, móbil de 50 GB ou ilimitado e a posibilidade de agregar fixo con chamadas sen límite.
A compañía completa a súa oferta para pemes e autónomos con distintas opcións que poden sumarse a telefonía e Internet. De entrada, un dos soportes máis demandados neste eido: centrais, que poden ser tanto virtuais como físicas (as tradicionais), con ata 20 extensións e con postos en calquera parte do mundo.
Así mesmo, Adamo ofrece a pemes e empregados por conta propia o deseño dunha web profesional, con aloxamento de alta seguridade, certificado SSL e dominio propio ou importado. Tamén mellorar a visibilidade dixital posicionando cada negocio en ata 42 plataformas, tales como Google My Business, Bing ou Waze. Do mesmo xeito, a operadora axuda en dixitalización, creando un correo electrónico de empresa personalizado, seguro e con sincronización entre dispositivos.
Finalmente, Adamo conta coas seguintes ofertas comerciais específicas para ambos os grupos:
-Tarifa Negocio: fibra de 400 Mb con móbil de 50 GB por 29 euros.
-Tarifa Negocio Total: fibra de 1 Gb e fixo e móbil ilimitados por 39 euros.
-Tarifa Negocio Prol: fibra de 1 Gb con Wi-Fi 6 e fixo e móbil ilimitados con central por 69 euros.
