Adapta Local, un novo programa para a modernización do comercio local
martes, 30 de xullo do 2024
- O programa presentouse hoxe no Carballiño
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na presentación do programa Adapta Local, un proxecto piloto que busca adaptar o comercio de proximidade aos cambios de hábitos dos consumidores apostando pola dixitalización e que está promovido pola Xunta de Galicia e a asociación de autónomos APE Galicia.
Esta acción combinará formación presencial e telemática destinada a propostas do comercio local e rural galego co foco posto nas iniciativas innovadoras que potencien a comercialización do produto galego.
Entre os contidos que se abordarán nas formacións deste programa están os relacionados coa transformación dixital, como a venda en liña e a xestión das redes sociais. Tamén cuestións que teñen que ver coa atención ao cliente, as tendencias de comercio, as finanzas e xestión de inventarios, a economÃa circular e o compromiso social.
Este proxecto piloto desenvolverase en oito comarcas galegas, que son Ferrol, Tui, O Barco de Valdeorras, VerÃn, O Carballiño, Ribadeo, Sarria e Chantada, territorios para os que está aberto o formulario de inscrición para participar nesta iniciativa.