Adaptador Wi-Fi N de pequeno tamaño

mércores, 23 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Tras a aprobación do estándar IEEE 802.11n non paran de anunciar dispositivos adaptados a este estándar de comunicacións sen fíos, coma o Trendnet TEW-648UB, un adaptador Wi-Fi N por USB que mide 33,9 x 17 x 7 milímetros e pesa só 3 gramos, reducindo ao mínimo este tipo de conexión que pode chegar a velocidades de ata 150 Mbps sen fíos, e que chegará ás tendas a un prezo recomendado de 24,99 dólares (16,27 euros).
Este trebello é moi interesante para usuarios de equipos que conten con Wi-Fi G, e que queiran dar o salto á Wi-Fi N para mellorar a cobertura da súa conexións de acceso á Rede e para conseguir unha velocidade de acceso superior.

PUBLICIDADE