Adaptan a distribución OpenSUSE para o seu uso na PS3
luns, 8 de outubro do 2007
O grupo de desenvolvemento Power Team conseguiu
adaptar a distribución de Linux OpenSUSE
10.3 para a súa instalación nunha consola PlayStation 3 de Sony, podéndose
realizar tal operación dende a propia aplicación YaST (que fai moi doado tal
proceso).
Para instalar OpenSUSE é
preciso conectar un teclado e un rato á consola, e o Linux poderase cargar
dende CD, DVD, memoria USB ou tarxeta de memoria soportada pola PS3, que permitirá
sacarlle máis partido á consola de videoxogos de última xeración de Sony, o que
pasarÃa por utilizala coma se dun ordenador se tratase.