Adaptan o clásico Half-Life 2 para poder tirar proveito das últimas tecnoloxÃas gráficas
martes, 18 de marzo do 2025
O videoxogo Half-Life 2 de Valve converteuse en todo un referente dentro dos xogos de acción en primeira persoa, sentando as bases de moitos dos videoxogos actuais, e pese a ter máis de 20 anos de vida, continúa a gozar de moitos partidarios que o reivindican na súa condición de clásico.
Esta situación levou a que un colectivo de desenvolvedores que aman a saga de Half-Life se unisen como Orbifold Studios para traballar xuntos nunha modificación de Half-Life 2 que permitise mover o xogo tirando proveito das tecnoloxÃas gráficas actuais (especialmente o trazado de raios) para o que remasterizaron os contidos do xogo facendo posible Half-Life 2 RTX, unha versión renovada do Half-Life 2 dispoñible de balde para todo o que xa conte co xogo orixinal, que presenta uns acabados propios dun tÃtulo actual, grazas ao traballo dunha comunidade moi apaixonada e altruÃsta.
Half-Life 2 RTX conta con trazado de raios completo, e compatibilidade con nVIDIA DLSS 4 con Multi Frame Generation e nVIDIA Reflex, de xeito que presenta unha iluminación propia dos xogos modernos máis avanzados, permitindo asà gozar do xogo en resolución 4K a 144 imaxes por segundo cunha calidade gráfica soberbia, algo que serÃa imposible para un xogo estreado en 2004.
En calquera caso cómpre indicar que para poder gozar desta modificación de Half-Life 2 é preciso contar cun equipo moi potente, pois para xogar a Full HD precisamos ter, como mÃnimo, unha gráfica nVIDIA GeForce RTX 3060 Ti, para poder conseguir xogar a 60 imaxes por segundo en Full HD xa precisariamos unha gráfica nVIDIA GeForce RTX 4070, e de querer gozar do xogo a tope haberÃa que dar o salto a unha recentÃsima RTX 5080.
VÃdeo no que dan conta das melloras gráficas de Half-Life 2 RTX