Adeus BlackBerry 10, ola BlackBerry Priv
xoves, 7 de xaneiro do 2016
Co gallo do CES de Las Vegas chegan un par de interesantes
novas por parte de BlackBerry, como son que dende onte mesmo o
terminal BlackBerry Priv está dispoñible en España a un prezo de 779 euros,
e as declaracións do director xeral da compañÃa, John Chen, a Cnet, medio ao
que dixo nunha entrevista que non lanzarán máis smartphones con BlackBerry 10,
de xeito que todos
os seus futuros teléfonos funcionarán con Android.
ConfÃrmase asà que o lanzamento de BlackBerry Priv é un camiño sen retorno, no
que a compañÃa canadense dá o brazo a torcer para aceptar o sistema operativo
que dominio o mercado mundial na actualidade. Amais, o desenvolvemento do
software de comunicación e seguridade que caracteriza a BlackBerry adaptado a
Android ábrelles a porta a novas oportunidades que van máis aló dos teléfonos
fabricados por eles mesmos, podendo tirar asà un maior proveito dos seus
servizos, por centrar os seus esforzos nunha plataforma móbil de grande
implantación global.
Con isto non quere dicir que os vellos terminais de BlackBerry queden sen
soporte, xa que continuarán a venderse polo momento, senón que só significa que
BlackBerry non continuará a investir no seus sistema operativo.
BlackBerry Priv
O novo smartphone de BlackBerry é un dispositivo bastante
completo e, pese a ter un prezo que a meirande parte dos consumidores
considerará excesivo, parece un produto bastante ben rematado para convencer
aos fieis seguidores da marca, que poderán manter o teclado fÃsico (agora
deslizante) sen ter que prescindir das vantaxes dunha grande pantalla tácitl.
O BlackBerry Priv conta cunha pantalla AMOLED de 5,4 polgadas cunha resolución
de 2.560 x 1.440 pÃxeles con protección Corning Gorilla Glass 4, procesador
Qualcomm Snapdragon 808 de 64 bits e 4 + 2 núcleos, 3 GB de RAM de baixo
consumo, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de
até 2 TB), cámara traseira de 18 MpÃxeles con estabilización óptica e gravación
de vÃdeo 4K, cámara frontal de 2 MpÃxeles, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1, 4G, baterÃa
de 3.410 mAh (o que achegarÃa até 22,5 horas de autonomÃa), un grosor de 9,4
milÃmetros e un peso de 192 gramos, destacando por ser o primeiro terminal de
BlackBerry por funcionar con Android 5.1.1.
VÃdeo no que repasan as prestacións do BlackBerry Priv