Adeus ao inventor da primeira consola de videoxogos
martes, 9 de decembro do 2014
O
pasado sábado deixounos un dos grandes inventores do século XX, considerado
un dos pais dos videoxogos, Ralph H. Baer,
quen inventou e patentou a primeira consola de videoxogo doméstica, a caixa marrón que no seu lanzamento
comercial responderÃa ao nome de Magnavox
Odyssey en 1973, vendendo unhas 130.000 unidades o primeiro ano e chegando
ata unhas 330.000 unidades en 1975, aÃnda que a compañÃa detrás da máquina
veuse rapidamente eclipsada por Atari, convertendo en negocio as súas patentes.
Pero Baer non é só coñecido por sentar as bases do que son hoxe as consolas de
videoxogos, senón que tamén acumulou máis de 150 patentes, e desenvolveu moitos
produtos de electrónica de consumo entre os que hai xoguetes electrónicos entre
os que destaca especialmente o SIMON.
Baer recibiu a Medalla Nacional de TecnoloxÃa da man de George W. Bush en 2006 como
recoñecemento ás súas achegas á industria dos videoxogos. Finou aos 92 anos,
pero ao 89, cando a PBS dedicou unha reportaxe á súa persoa, aÃnda se mantiña
activo:
