AdÃan a apertura a terceiros da tenda de aplicacións de Google
venres, 18 de outubro do 2024
- Imaxe de Jonathan Deamer do campus de Google
A petición de Google para evitar ter que abrir a terceiros a súa tenda de aplicación para móbiles o vindeiro 1 de novembro foi escoitada polo xuÃz federal de California James Donato, que decidiu que as medidas impostas a Google tras perder un xuÃzo contra Epic no que se determinou que abusaba de posición dominante na súa tenda de aplicacións podÃan deterse temporalmente.
A pausa da execución da sentenza supón un sopro de aire para Google, que vÃa perigar o seu modelo de negocio ao redor de Android. Se vén os abusos por parte de Google están máis que demostrados, o que non é xusto é que se lle impoñan obrigas moi superiores para a súa tenda de aplicación que as que ten que cumprir Apple, especialmente porque nos dispositivos móbiles da compañÃa da mazá non é posible instalar tendas de aplicacións de terceiros nos EE.UU., mentres que en Android sempre estivo aberta tal opción e, de feito, son moitos os fabricantes de dispositivos que integran unha tenda de seu.