Adiantan a distribución de copias de Final Fantasy VII Remake
luns, 30 de marzo do 2020
O sector dos videoxogos está a vivir unha situación crÃtica
por mor da COVID-19 ao combinarse máximos históricos do xogo en liña con problemas
na distribución fÃsica por mor do confinamento, o que poderÃa ter repercusións
a longo prazo para as tendas fÃsicas, acelerando unha transición ao dixital que
en mercados como o español estaba a ser moi paulatina.
Un dos lanzamentos que está a servir como termómetro da situación é Final
Fantasy VII Remake, tÃtulo moi agardado e no que se fixo un grande
investimento en marketing, que ten fixada a súa data de lanzamento no 10
de abril, polo que existe certo temor de que nos paÃses máis afectados polo
coronavirus o xogo non chegue aos consumidores a tempo, e moitos opten pola súa
versión descargable, ocasionando grandes perdas para as distribuidoras locais e
pequenos vendedores, de aà que os responsables do xogo decidisen lanzar un
comunicado no que aseguran que a
distribución de copias fÃsicas en Europa e Australia vai adiantarse, procurando
asà que cheguen a tempo para que a estrea do xogo o 10 de abril poida ser
global, aÃnda que advirten que non poden garantir que a data vaia cumprirse en
todos os territorios.
Os responsables do agardado xogo entenden que estas medidas extraordinarias
poden provocar tanto adiamentos na entrega como entregas anticipadas, polo que
pregan aos xogadores que poidan facerse cunha copia antes de tempo a que
reserven as súas impresións iniciais para si mesmos, e que non estraguen as
sorpresas que agocha o xogo ao resto do mundo.
- Final Fantasy VII publicouse en 1997, deixando unha fonda pegada en moitos xogadores que levan anos agardando polo seu remake.