Adiantan algunhas das novidades que presentará Apple na WWDC
luns, 12 de maio do 2025
O boletÃn Power On de Mark Gurman para Bloomberg recolle na súa última edición algunha das novidades que están previstas por Apple para a súa presentación a primeiros de xuño no marco da súa conferencia para desenvolvedores, destacando unha funcionalidade da que non se escoitara falar ata o momento: a sincronización de datos para redes Wi-Fi cativas.
As redes Wi-Fi cativas son as que normalmente atopamos en cafeterÃas, aeroportos, hoteis e outros locais públicos, que en moitos casos precisan dun procedemento de rexistro ou identificación para poder gozar de conectividade (normalmente de balde). Este molesto paso pasarÃa a ser máis cómodo ao sincronizarse os datos de acceso entre o iPhone, o iPad e o Mac, polo que tras identificarse nun dos dispositivos da compañÃa da mazá non serÃa preciso repetir o proceso no resto de dispositivos.
Gurman tamén comenta que na WWDC veremos varias novidades relativas á intelixencia artificial, unha renovación da linguaxe de deseño nos produtos de Apple, avances no sistema operativo do iPad para achegarse ao Mac en funcionalidades, a tradución en tempo real a través dos AirPods e unha renovación da aplicación de Saúde para integrar un adestrador con IA.
Dende Bloomberg tamén comentan a necesidade de que Apple realice algún anuncio de impacto, tras o desastre de Apple Inteligence e a súa integración con Siri, que deixou á compañÃa de Cupertino nunha posición de debilidade fronte á competencia, dando a impresión de que Apple non está a saber adaptarse ás tendencias do mercado, en boa medida por ter dedicado demasiados esforzos a proxectos como o das Apple Vision Pro, que non serán produtivos ata dentro de bastante anos.
