Adobe abre ao público a beta do seu modelo de IA para a xeración de vÃdeo
mércores, 12 de febreiro do 2025
Adobe lanzou hoxe a nova aplicación Firefly, unha completa ferramenta para xerar imaxes, vectores e agora vÃdeos coa versión beta pública do Modelo de VÃdeo Firefly. Este novo Modelo de VÃdeo Firefly, o primeiro modelo de xeración de vÃdeo con IA comercialmente seguro (pois está adestrado con contidos dos que Adobe posúe os dereitos), potencia a función Xerar VÃdeo na aplicación Firefly, ademais de Xeración Estendida en Adobe Premiere Pro. Este modelo permite a creación de contido de vÃdeo respectuoso cos dereitos de propiedade intelectual e listo para a produción. Trátase da última incorporación á familia de modelos creativos de IA xenerativa de Firefly, que xa xerou máis de 18.000 millóns de activos en todo o mundo.
Adobe presentou dous novos plans (Firefly Standard e Firefly Pro) que permiten aos clientes acceder a funcións premium de vÃdeo e audio. Todos os plans de Firefly inclúen acceso ilimitado ás funcións de xeración de imaxes e vectores, ademais de diferentes niveis de capacidade para as funcións premium de vÃdeo e audio, adaptándose ás necesidades creativas de cada usuario.
A aplicación Firefly permite aos profesionais creativos xerar imaxes, editalas, convertelas en vÃdeos e aplicar movemento cinematográfico antes de transferilas a Adobe Creative Cloud para a súa finalización. Ademais, grazas á integración con Photoshop, Premiere Pro e Adobe Express, os usuarios poden afinar os seus traballos con ferramentas como o Recheo Xenerativo en Photoshop e a Eliminación Xenerativa en Lightroom.
O modelo de vÃdeo Firefly permite aos profesionais xerar clips de vÃdeo a partir dun texto ou unha imaxe, usar ángulos de cámara para controlar as tomas, crear elementos atmosféricos e deseñar movementos personalizados. Soporta resolución 1080p inicialmente, cun modelo de ideación de baixa resolución para iteracións rápidas e un modelo 4K para producións de alto nivel que estará dispoñible proximamente.
O novo modelo non só pode xerar vÃdeo a partir de texto e imaxes, no que podemos ver como a reinvención do traballo con vÃdeo, senón que facilita a tradución de audio e vÃdeo en máis de 20 idiomas mantendo a voz auténtica, o que supón unha importante novidade para a creación de contidos para o ámbito global.
Para poder tirar proveito destas funcionalidades é preciso contratar un plan especÃfico, achegando o plan Firefly Standard 2.000 créditos xenerativos ao mes por 11,17 euros (permitindo crear até 20 vÃdeos de 5 segundos ou traducións de até 6 minutos de audio ou vÃdeo); mentres que o plan Firefly Pro ofrece 7.000 créditos xenerativos ao mes por 33,54 euros (permitindo crear até 70 vÃdeos de 5 segundos ou a tradución de até 23 minutos de audio ou vÃdeo). Estes plans corresponden ao acceso anticipado a esta ferramenta, e está previsto que en breve haxa tamén unha modalidade Premium para profesionais que fan un uso máis regular deste tipo de creacións e, polo tanto, precisan de maior capacidade de creación de audio e vÃdeo.
VÃdeo promocional do modelo de IA para a xeración de vÃdeo de Adobe