Adobe integrará vÃdeo xerado con IA en Premiere Pro
mércores, 11 de setembro do 2024
Dende Adobe non cesan de avanzar no uso da intelixencia artificial xenerativa, e aÃnda que o máis salientable era o seu uso en gráficos grazas ao modelo Adobe Firefly que chegaron a integrar con grande acerto no Photoshop, agora anuncian que irán un paso máis adiante cun modelo de vÃdeo xenerativo que integrarán na versión beta de Premiere Pro antes de rematar o ano.
Como outros modelos desenvolvidos por Adobe, preocúpanse de que estea adestrado con contidos sobre os que teñen permito, para que asà estas ferramentas poidan empregarse comercialmente no futuro sen medo a recibir denuncias por vulneración dos dereitos de autor.
Dende Adobe teñen explorado o uso da IA para cousas como borrar elementos dunha imaxe, aplicar filtros avanzados ou incluso eliminar o ruÃdo de fondo nunha gravación de audio, pero consideran que co Firefly Video Model poden ofrecer unha ferramenta extraordinaria para os creadores, que poden pedirlle á IA que cree pequenos vÃdeos que poidan cubrir os ocos precisos nunha montaxe, creando ese vÃdeo de recheo coas instrucións de texto que se indiquen.
Este modelo de xeración de vÃdeo pode crear movementos de cámara, paisaxes, plantas, animais... incluso baseándose nun fotograma de referencia, facilitando asà que o pequeno vÃdeo creado poida encaixar ben na montaxe actual, para asà servir de conexión entre dous vÃdeos ou simplemente engadir algo de dinamismo a unha montaxe.
Tamén pode empregarse a IA para a creación de capas de efectos que engadir á edición, animacións e mesmo dar vida a ideas que teñan os creadores, aforrándolles moito tempo, tanto na creación dos clips como na procura de vÃdeos distintas coleccións até atopar un que se axuste ao perseguido.
Polo momento esta tecnoloxÃa está a probarse cun grupo reducido de usuarios, pero dá a impresión de que en poucos meses poderÃa supor toda unha revolución para a edición de vÃdeo.
VÃdeo no que avanzan a tecnoloxÃa de xeración de vÃdeo de Adobe