Adobe introduce novas funcións en Illustrator e Photoshop
martes, 23 de xullo do 2024
Adobe anunciou hoxe novidades nas súas aplicacións de deseño profesional Adobe Illustrator e Adobe Photoshop que aceleran os fluxos de traballo creativo e ofrecen máis control aos creadores.
Para acelerar os fluxos de traballo creativos, Illustrator está a introducir novas ferramentas, incluÃndo o novo Generative Shape Fill para permitir aos deseñadores engadir rapidamente gráficos vectoriais detallados mediante ordes de texto na Barra de Tarefas Contextual. Esta función opera co último modelo Firefly Vector, deseñado para apoiar aos creadores con maior velocidade, potencia e precisión. Illustrator tamén está a recibir outras novidades como a Ferramenta de Dimensións, Mockup (beta), Barra de Tarefas Contextual, Retype, Text to Pattern (beta), Style Reference...
Photoshop está a introducir funcións intuitivas para acelerar os fluxos de traballo creativos principais e simplificar tarefas repetitivas coa Ferramenta de Pincel de Selección, Ferramenta de Pincel de Axuste e melloras na Ferramenta de Texto e na Barra de Tarefas Contextual. Photoshop tamén está a introducir novas formas de idear e crear con Generate Image, impulsado polo modelo Adobe Firefly Image 3.
Cómpre lembrar que Adobe Firefly achega modelos de IA xerativa deseñados para ser seguros para uso comercial, adestrados con contido con licenza, como Adobe Stock, e contido de dominio público.
O último modelo de Firefly Vector xa está dispoñible en Adobe Illustrator, asà como as funcións de Generative Shape Fill (beta), Text to Pattern (beta) e Style Reference. No que respecta a Photoshop, as funcións que chegan hoxe son a Ferramenta de Pincel de Selección, a Ferramenta de Pincel de Axuste e Generate Image, entre outras.
Repaso das novidades de Adobe Illustrator