Adobe merca Magento

martes, 22 de maio do 2018 Marcus Fernández

Adobe anunciou o peche dun acordo de compra por Magento Commerce por valor de 1.680 millóns de dólares, buscando así integrar a tecnoloxía de Magento Commerce Cloud en Adobe Experience Cloud, conseguindo converterse en todo un referente global dentro das plataformas B2B e B2C.
A plataforma de comercio electrónico de Magento xa é todo un referente (con máis de 300.000 desenvolvedores en todo o mundo), pero a súa combinación coa tecnoloxía de Adobe poderá permitir unha experiencia moito máis ampla, conseguindo que clientes e empresas teñan unha maior interacción comercial, na web, no móbil, en redes sociais ou incluso nas tendas.
A operación de adquisición está previsto que se complete no terceiro trimestre fiscal de Adobe, tras a que cada compañía continuará a operar de xeito independente, polo que o futuro de Magento non estaría en perigo.

PUBLICIDADE