Adobe prepara unha ferramenta de creación musical mediante IA
mércores, 28 de febreiro do 2024
AÃnda que estamos afeitos a que a intelixencia artificial xenerativa se aplique a textos e imaxes, o ámbito do son e a música tamén é susceptible de aproveitar esta tecnoloxÃa, e dende Adobe están a presentar unha ferramenta para tal finalidade, que aÃnda está nun estado embrionario, pero que resulta prometedora, xa que o Project Music GenAI Control permite que os creadores poidan xerar música en base a instrucións de texto, cun control preciso para adaptarse ás súas necesidades.
Esta aplicación da IA xenerativa pode resultar moi práctica para producir música especÃfica para proxectos de vÃdeo ou incluso podcasts, adaptando os resultados a un ton, a un estilo, a unha lonxitude... Podendo incluso basear a creación musical nunha melodÃa de referencia, permite axustar o tempo, a estrutura, a repetición de patróns, a intensidade... o que resulta ideal para crear introducións, despedidas, música de fondo... co detalle de que estas creacións coidan ao extremo o respecto da propiedade intelectual, de xeito que será seguro o seu uso comercial.
VÃdeo de presentación da nova ferramenta de creación musical de Adobe