Adventure Pop, un novo xogo rompeburbullas de balde para PS4 e Xbox One
martes, 7 de febreiro do 2017
Hoxe sorprendeu a chegada
á tenda dixital de xogos para Xbox One Adventure Pop, xogo que hai
unha semana estreouse tamén na PlayStation Store con versión para PlayStation 4
e que sorprende por ser un tÃtulo de balde desenvolvido por 505 Games que
permÃtenos xogar en solitario ou con amigos a avanzar por distintas fases nas que
ir lanzando burbullas cun canon eliminando as que son da mesma cor, mecánica
sobradamente coñecida, que desta volta maquÃllase cunha ambientación pirata.
Adventure Pop non é ningún xogo innovador ou
revolucionario, senón que serÃa un quebracabezas con batallas en tempo real
bastante ordinario, que como punto forte ten que, en vez de cobrarse polo xogo
en si, integra contidos de pagamento (ou sexa, que a moeda virtual do xogo, as
xemas, pode adquirirse mediante cartos reais). Temos asà un xogo moi
recomendado para os seareiros de tÃtulos como o clásico Puzzle Bobble de Taito.
- O xogo conta con modos multixogador en local e en liña
Tráiler de lanzamento de Adventure Pop