Afro Samurai chegará ás consolas de videoxogos a primeiros de 2009
mércores, 8 de outubro do 2008
A miniserie de
animación (inspirada nun manga de Takashi Okazaki) producida por Samuel L.
Jackson, Afro Samurai, de grande éxito
dende o seu lanzamento en 2007 (converténdose xa nunha obra de culto) por
combinar con mestría a cultura xaponesa e o hip
hop, chegará a Europa en forma de videoxogo a primeiros do ano que vén, e
de cara á edición do Tokyo
Game Show que comeza mañá xa presentan imaxes deste impresionante
título para PlayStation 3 e Xbox 360 que non esquecerá unha
ambientación musical da man de RZA (do Wu Tang Clan), quen creou música para
películas como Kill Bill, Danny the Dog, Blade: Trinity e Ghost Dog.
A música non será algo superfluo no xogo, senón que tamén afectará á
intelixencia artificial que controla aos inimigos aos que se enfronta Afro na
súa busca do asasino do seu pai. O xogo tamén conservará as voces orixinais da
serie animada, na que destacaban o propio Samuel L. Jackson, Ron Pearlman e
Kelly Hu.
Un dos primeiros trailers de Afro Samurai