Afterburner, o altofalante Bluetooth para os que queren levar a festa enriba

xoves, 6 de agosto do 2015 Marcus Fernández

Para aqueles que queiran rememorar a experiencia de levar a festa consigo cargando cun enorme radiocasete poderán agora facerse co novo altofalante portátil Bluetooth Afterburner, que poñen á venda en exclusiva dende ThinkGeek, e que ofrecen unha saída de 20 watts con batería e 38 watts conectados a corrente, máis que suficiente para animar unha festa, podendo achegar a música do noso dispositivo móbil Bluetooth (podendo incluso emparellalo por NFC) ou incluso a través dunha toma mini-jack (3,5 milímetros) ou de entradas P-127J, pensadas para poder conectar un micrófono e unha guitarra (con cadanseu control de volume).
Estamos ante unha solución sonora bastante orixinal, que incluso conta cunha correa para poder cargar os seus 8 quilogramos no ombro, xa que falamos dun trebello que, aparte de pesado, tamén ocupa o seu (mide 62 x 25 x 25 centímetros). O seu prezo é de 199,99 dólares (183 euros).

O altofalante Bluetooth pode levarse enriba coa axuda dunha correa
O altofalante conta con varios tipos de entrada e reguladores de volume independentes

PUBLICIDADE