Agasallan un mando e un Chromecast Ultra coa compra de Cyberpunk 2077 para Stadia
xoves, 19 de novembro do 2020
A plataforma de xogos na nube de Google, Stadia, avanza a un
ritmo bastante pausado, pero o vindeiro dÃa 10 de decembro estreará un tÃtulo
que pode supor un antes e un despois, Cyberpunk
2077, xa que é un xogo moi esixente graficamente, o que pode animar a
moitos xogadores a probar Stadia para poder gozalo cun elevado nivel de detalle
sen ter que mercar un ordenador novo ou dar o salto ás consolas de nova
xeración (nun momento no que nin están maduras nin teñen unha boa dispoñibilidade
nas tendas).
Conscientes do potencial desta situación veñen
de anunciar que os que merquen Cyberpunk 2077 en Stadia (xogo cun
prezo de 59,99 euros) antes do 18 de decembro recibirán sen custo adicional a Premiere Edition de Stadia,
un lote que por 99,99 euros (aÃnda que até o dÃa 30 pode adquirirse de oferta
po 69,99 euros, o que segue a ser máis caro que Cyberpunk 2077) inclúe
un Chromecast Ultra e un mando de Stadia, ou sexa, todo o necesario para poder
gozar de Stadia directamente no televisor (se contamos con acceso á Rede a
través de Wi-Fi, loxicamente).
Esta promoción non se aplicará de xeito instantáneo, de xeito que os usuarios
que reserven agora o xogo de CD Projekt Red recibirán un código durante a
semana de lanzamento do xogo que servirá para adquirir de balde a Premiere
Edition de Stadia.
Tráiler de Cyberpunk 2077 no que podemos ver o xogo en acción