Age of Conan pecha 30 dos seus 48 servidores
martes, 13 de xaneiro do 2009O xogo
multiusuario en liña Age of Conan
comezou con moita forza en Europa buscando competir co éxito de World of Warcraft, pero o público quedou
moi decepcionado co tÃtulo por presentar demasiados fallos, deixando en
evidencia que se trataba dunha versión en
probas o que non evitaba que se cobraran as mensualidades aos xogadores, de
aà que aÃnda que nalgún paÃs chegase a superar en
vendas a grandes tÃtulos coma Grand Theft
Auto IV, a redución de usuarios está a decaer, polo que Funcom se ve forzada a reducir a infraestrutura que
sostén o xogo.
A desenvolvedora de Age of Conan prevé
pasar dos 48 servidores activos a nivel mundial a só 18, dos que 12
estarÃan en Europa, polo que entendemos que a súa aceptación nos EE.UU. foi realmente
mala, mentres que no Vello Continente aÃnda conserva certa forza.
O xogo aÃnda poderÃa recuperarse ao lanzar novos contidos e expansións, pero
non parece que o futuro do mesmo vaia ser esperanzador, e o propio director do
produto, Gaute
Godager, deixou a compañÃa o pasado setembro, por non estar de acordo co
rumbo que estaba a tomar a súa creación.