Age of Empires Online deixará de contar con novos contidos
venres, 4 de xaneiro do 2013
Hai ano e medio chegou ao mercado o xogo de estratexia en
tempo real Age of Empires Online, baseado
na xogabilidade da saga Age of Empires
e editado por Microsoft baixo a cada vez máis popular fórmula do free-to-play que non parece ser dabondo
para manter este tÃtulo a longo prazo, de aà que anuncien que o
xogo vén de rematar a súa fase de desenvolvemento, pasando a unha fase de
soporte, o que significa que non incorporará novos contidos no futuro. Iso non
indica que o xogo vaia pechar as súas portas, senón que limitarase a arranxar
erros que se vaian detectando e manterá a súa actividade, pero non poderá
engadir novos contidos de calidade como a civilización
celta que se incorporou o ano pasado, pois producir ese tipo de material supón un
investimento económico que xa non resulta rendible. Cando menos os xogadores
poderán seguir a gozar deste xogo, os seus foros e as súas competicións.
- Os Celtas foron unha das civilizacións incorporadas ao xogo durante 2012
- Age of Empires Online tivo que pechar o seu desenvolvemento de contidos ante a falta de rendibilidade do xogo