Agochan información sobre a invasión de Ucraína no xogo CS:GO

venres, 5 de maio do 2023 Marcus Fernández

O xogo Counter-Strike: Global Offensive aproveitouse esta mesma semana para celebrar o Día Mundial da Liberdade de Prensa dun xeito bastante curioso: agochando no mesmo unha sala na que pode verse numerosa información sobre a invasión rusa de Ucraína fuxindo da propaganda rusa.
A sala subterránea oculta no xogo recolle varias imaxes da invasión de Ucraína, así como cobertura informativa da mesma, de xeito que os cidadáns rusos poden acceder a esta información sen o control do seu Goberno. De feito, xogos como o Counter-Strike son algúns dos lugares que quedaron fóra dos controis gobernamentais por non ser considerados plataformas xornalísticas, de xeito que para moitos convertéronse nunha canle para recibir información independente do que estaba a acontecer na guerra en tempo real.
Nas paredes da habitación secreta podemos ver información sobre o masacre de Bucha, estatísticas sobre o número de civís ucraínos asasinados por soldados rusos e incluso detalles como a estimación de que no conflito faleceron preto de 70 mil rusos (mentres que as autoridades rusas minimizan constantemente o número de baixas propias, para evitar que os cidadáns rexeiten a guerra).
Resulta curioso ver como un videoxogos bélico se emprega para evitar a censura rusa e informar da face máis escura da guerra.

Nas paredes da sala agochada podemos ver relacións dos ataques rusos a civís en Ucraína

PUBLICIDADE