Agora.gal: un novo agregador de contidos en galego

luns, 12 de abril do 2021 Marcus Fernández

Coa vocación de converterse nunha porta de entrada a contidos en galego na web, o pasado domingo día 11 ás 11:00 horas naceu agora.gal, unha plataforma de agregación e distribución de contidos dixitais que busca dar visibilidade a numerosos proxectos que apostan pola comunicación na nosa lingua e así contribuír á creación da comunidade dixital galega.
Agora.gal recolle contidos de máis de 40 medios e blogues temáticos asociados, e tamén acolle iniciativas como Podgalego (que facilita o descubrimento de podcasts en galego), organizando toda esta información en bloques temáticos nos que dáse conta da información publicada nos distintos medios levando aos mesmos aos usuarios interesados nun contido en concreto, de xeito que agora.gal pode ser de valor tanto para lectores (xa que facilita a localización de contidos en galego) como para os medios que aposta pola nosa lingua (que teñen unha nova fonte que achega tráfico cara a eles).
Para completar este novo espazo na Rede, agora.gal tamén integra información meteorolóxica, os últimos datos da COVID-19 e incluso unha selección de vídeos musicais en galego.

PUBLICIDADE