Agosto será un grande mes para os Xbox con Gold
xoves, 26 de xullo do 2018
Tras
un mes de xullo no que os Xogos con Gold máis destacables que recibÃan os
subscritores de pagamento de Xbox LIVE eran os de Xbox 360, teremos
un agosto máis que notable, no que todos os xogos son tÃtulos de primeira
fila, presentando unha das mellores seleccións de xogos deste programa, ao
agrupar tÃtulos importantes e, moi especialmente, de xéneros o suficientemente
distintos como para que cada tipo de xogador atope algún do seu gusto.
Para Xbox One teremos a partires do 1 de agosto o xogo Forza
Horizon 2 na súa edición estándar de 10º aniversario, ou sexa, a versión
completa do xogo de condución, a aplicación de Forza Hub para Xbox One e o
paquete de coches do décimo aniversario (como o Ferrari 458 Italia, o Lamborghini
Huracán 2015 e o McLaren P1 2013). AÃnda que este tÃtulo teña 3 anos continúa a
ser un excelente xogo de condución cun grande nivel gráfico.
A partires do 16 de agosto o xogo de Xbox One que recibirán os subscritores de
pagamento será For
Honor na súa edición estándar, o que supón unha magnÃfica oportunidade
para gozar deste xogo de combates de grande realismo que causou furor o ano
pasado coa súa proposta de enfrontar guerreiros de estilos moi diferentes e caracterÃsticos
(cabaleiros, viquingos e samurais).
Pero os xogos de Xbox 360 retrocompatibles con Xbox One tampouco quedan atrás,
comezando por Dead
Space 3, entrega que pechou esta triloxÃa de supervivencia espacial con
toques de terror, que desta volta inclúe modo cooperativo en liña (para poder
superar a súa historia en compañÃa dun amigo); e continuando con Disney
Epic Mickey: El retorno de dos héroes, secuela de Epic Mickey que incorpora ao coello da sorte Oswald a xeito de
compañeiro de Mickey, abrindo tamén esta aventura a un modo cooperativo para 2
xogadores.

- A segunda parte de Epic Mickey será o xogo de Xbox 360 que recibirán os subscritores Gold de Xbox LIVE na segunda metade de agosto
VÃdeo promocional dos Xogos con Gold de agosto
