Aínda é posible adquirir billetes para a vindeira edición de TEDxGalicia

martes, 3 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Víctor Salgado será un dos formadores do curso do CPETIG

Por cuarto ano chega o evento TEDxGalicia a ofrecer breves relatorios sobre temas que chamen á reflexión sobre temas relativos á temática propia dos eventos TED (Tecnoloxía, Entretemento e Deseño) e, tras pasar por Santiago de Compostela e Ourense, esta nova edición trasladarase ao auditorio do Centro Social Fundación Novacaixagalicia de Pontevedra, o que permitirá acubillar a un público bastante numeroso entre as 16:00 e as 20:00 hora do vindeiro día 13. Os interesados en asistir teñen dispoñibles as derradeiras entradas ao evento a través da súa web oficial ao prezo de 35 euros.
A relación de oradores desta edición de TEDxGalicia promete ser tan variada como en edicións anteriores, de xeito que poderemos encontrar a figuras como o mago Román; ao creativo Miguel Conde (presidente de BAP&Conde); ao experto en marketing, con grande experiencia profesional no mundo da Internet, Roberto Pérez Marijuán; ao avogado especializado en Dereito Informático Víctor Salgado; e ao co fundador de ConfirmSign e impulsor da Laconnetwork, Frankie Gómez, entre outros.

Frankie Gómez será un dos profesionais do sector TIC galego que estará presente no escenario do evento