AirStudio One: un micrófono portátil sen fíos

mércores, 8 de xaneiro do 2025 Marcus Fernández

No CES de Las Vegas puidéronse ver moitas novidades estes días, incluíndo algunha categoría de produto innovadora, como un novo micrófono portátil da nova compañía Hisong, que busca atender aos creadores musicais que queren poder levar comodamente a calquera parte un micrófono, unha mesturadora de son e uns auriculares.
Temos así o AirStudio One, un micrófono de condensador que agocha no seu interior unha interface de audio, un receptor USB-C e uns auriculares sen fíos, coa intención de que se poida realizar unha gravación vocal en calquera parte sen precisar de hardware adicional.
Para poder tirar proveito deste micrófono pode empregarse unha aplicación móbil dende a que axustar a ecualización, mesturar o audio e incluso aplicar afectos en tempo real, mentres se monitoriza todo nos auriculares.
Este produto busca atender a demanda de creadores musicais, anfitrións de podcasts, creadores de vídeo e streamers que queiran gravar o retransmitir en directo dende case calquera lugar cunha boa calidade sonora.
Queda por saber o prezo e a data de lanzamento desta curiosa proposta, que pode ter boa acollida tanto entre músicos como entre creadores de contido que queiran coidar o apartado sonoro á vez que empregan un dispositivo con certo hai retro.

O AirStudio One pode resultar ideal para a realización de directos