AirUnleashed, unha base de carga inspirada na AirPower

mércores, 19 de xuño do 2019 Marcus Fernández

A cancelación da base de carga AirPower por parte de Apple converteuse nunha oportunidade para moitos fabricantes, que atoparon a porta aberta á comercialización de produtos semellantes como o AirUnleashed, cargador por indución claramente inspirado no de Apple, que está deseñado para cargar simultaneamente o iPhone, o Apple Watch e os AirPods mediante carga sen fíos, que está a venderse en liña por 99 dólares (96,41 euros se incluímos o adaptador de corrente), polo que podemos consideralo como un interesante sucedáneo.
Esta base de carga por indución ten un acabado semellante á pel na súa parte superior, cunha parte inferior de microfibra que evita que esvare. Pode achegar até 10 watts de carga e a súa grande diferenza fronte ao AirPower sería que os dispositivos electrónicos a cargar deben colocarse en puntos específicos da base, en vez de permitir a liberdade que prometía o accesorio de Apple, que tivo problemas físicos para poder converterse nunha realidade.

PUBLICIDADE